Irati |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Irati |
---|
Director | Paul Urkijo |
---|
Baseado en | El ciclo de Irati de J. L. Landa e J. Muñoz |
---|
Intérpretes | |
---|
Estudio | Bainet Ikusgarri Films Kilima Media La Fidèle Production Irati Zinema AIE |
---|
Estrea | Festival de Cinema de Sitges: 9 de outubro de 2022 |
---|
Orixe | País Vasco |
---|
Xénero | Aventuras e épica |
---|
Orzamento | 4,3 millóns de euros |
---|
Na rede |
---|
|
Irati é un filme vasco de 2022 dirixido por Paul Urkijo e protagonizado por Eneko Sagardoy, Edurne Azkarate e Itziar Ituño, entre outros.
Sinopse
Ambientado no século VIII, durante a cristianización das áreas remotas ao redor dos Pireneos, conta a historia de Eneko (fillo dun cacique vasco que morreu a raíz dunha batalla con Carlomagno). Eneko vai na procura do corpo do seu pai, sepultado baixo costumes pagáns, para recuperar a lexitimidade cristiá e o señorío do val, atravesa o bosque guiado pola muller pagá Irati.[1][2]
Personaxes
Produción
Irati baséase na novela gráfica El ciclo de Irati, creada por J. L. Landa e J. Muñoz.[3]
Rodado en lingua éuscara, a rodaxe produciuse en novembro de 2021.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Te presentamos el cartel de la película "Irati"". EiTB. 17 de febreiro de 2022.
- ↑ Belategui, Oskar (21 de outubro de 2021). "'Euskalibur' cobra vida". El Correo.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Silvestre, Juan (22 de outubro de 2021). "'Irati': Así es la nueva película de Itziar Ituño y Eneko Sagardoy". Fotogramas.