En Galicia está catalogada como especie invasora.[2]
Descrición
Ten follas lobuladas, flores grandes e moradas, pétalos soldados en toda a súa lonxitude (tubulares, como pasa en todas as convolvuláceas). Ipomoea purpurea é parecida pero con flores máis pequenas, follas enteiras e ciclo anual.
Esta planta está prohibida en Canarias e en Baleares, xa que debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en Baleares e en Canarias a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[3]
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.