Ip Man 2 (na escrita tradicional 葉問2:宗師傳奇 e na simplificada 叶问2:宗师传奇; en pinyin Yè Wèn Ěr: Zōng Shī Chuán Qí) é un filme producido en Hong Kong e dirixido por Wilson Yip que se estreou no 2008. É un filme biográfico de artes marciais vagamente baseado na vida de Yip Man, un gran mestre do Wing Chun e mentor de Bruce Lee. É unha secuela do filme de 2008 Ip Man, e está protagonizado por Donnie Yen, que volve a interpretar o papel principal. A historia ten lugar despois dos eventos do primeiro filme, e céntrase na vida de Ip no Hong Kong dominado polo Imperio Británico.
Sinopse
Yip Man (Donnie Yen), chega a Hong Kong e abre unha escola de Wing Chun, pero axiña entrará en conflito cun mestre local de Hung Gar chamado Hung Jan-nam (Sammo Hung). As tensións entre os dous mestres de Kung fu segue incrementándose, e iso fai que se vexan forzados a baterse en combate.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas