Inés de Ben|
Inés de Ben foi unha muller que destacou na defensa da Coruña durante o asedio das tropas de Francis Drake en 1589.[1]
Traxectoria
A vida de Inés de Ben é pouco coñecida. Estaba casada con Sebastián Fernández e tiña unha mercería na Pescaría.[2]
Durante o asedio de Francis Drake participou na defensa da Coruña, quedou viúva e foi ferida na cabeza e nunha perna.[3][2]
Moi pobre e case cega, houbo un xuízo en 1593 para que se lle devolvese o que achegara durante a loita (por valor de 800 ducados),[1] mais anos despois seguía vivindo na indixencia.[2] Foi soterrada nunha fosa común.[3]
Legado
O concello da Coruña nomeou unha rúa co seu nome no lugar de Curramontes.[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos