Into the Wild é un filme biográfico estadounidense dirixido por Sean Penn que se estreou no 2007. É unha adaptación do libro non ficticio de 1996 Into the Wild, escrito por Jon Krakauer baseándose nas viaxes de Christopher McCandless a través de Norte América. O filme está protagonizado por Emile Hirsch como McCandless, por Marcia Gay Harden e William Hurt como os seus pais, e tamén aparecen Catherine Keener, Vince Vaughn, Kristen Stewart e Hal Holbrook.
Sinopse
A comezos dos anos noventa, o novo e idealista Christopher McCandless (Emile Hirsch), adopta o nome de Alexander Supertramp, deixa as súas posesións e os seus aforros á beneficencia e abandona o mundo civilizado con rumbo á salvaxe Alasca para entrar en contacto coa natureza e descubrir o senso da vida.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2007: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actor secundario (Hal Holbrook) e montaxe.
- 2007: Globo de Ouro: Mellor canción orixinal. 2 nomeamentos.
- 2007: Nomeado ó Cesar: Mellor filme estranxeiro.
- 2007: National Board of Review: Mellor actor revelación (Emile Hirsch).
- 2007: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Finalista a mellor actor secundario (Hal Holbrook).
- 2007: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas