Interkosmos 1

Interkosmos 1
Maqueta do Interkosmos 1 no Museo do Aire en París.
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento14 de outubro de 1969, 13:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre.[2]
Decaemento2 de xaneiro de 1970[1]
NSSDC ID1969-088A
Masa400 kg[6]

Interkosmos 1 (Интеркосмос 1 en ruso), tamén denominado DS-U3-IK Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 14 de outubro de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][7]

Características

Interkosmos 1 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-U3-IK e estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre. Foi deseñado para estudar os raios X e ultravioleta do Sol e os seus efectos na atmosfera.[2]

Interkosmos 1 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Os instrumentos de a bordo, á parte de pola Unión Soviética, foron proporcionados pola República Democrática Alemá e pola República Socialista Checoslovaca. Na recepción e interpretación dos datos participaron científicos da República Popular de Bulgaria, da República Popular de Hungría, da República Popular de Polonia e da República Popular de Romanía.[2]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 640 km de apoxeo e 260 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 93,4 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de xaneiro de 1970.[1][2][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 1" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  3. "Letter dated 20 November 1969 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (69-31201). 15 de decembro de 1969: 2. A/AC.105/INF.214. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 1" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 1, 4, 7, 11, 16 (DS-U3-IK)" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "DS-U3-IK" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  7. "«EL «INTERCOSMOS I»" (PDF). 2 de novembro de 1969: 49. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. Consultado o 29 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos