A Interamnia World Cup é unha competición deportiva internacional de balonmán que se celebra anualmente na cidade italiana de Téramo.
Características
O torneo, cuxa primeira edición foi en 1972, realízase anualmente en Teramo durante os primeiros días de xullo, competindo tamén noutras localidades da provincia teramana.
No torneo participan equipos xuvenís procedentes de tódolos continentes, contando cada ano con máis de trinta nacións participantes. A Interamnia World Cup dura xeralmente seis días e iníciase cun gran desfile pola rúa principal de Teramo.
Desde 2005 está asociada a manifestación Teramo cidade aberta ao mundo, que ten a fin de promover a cultura da paz entre os pobos. Este título deriva do recoñecemento que fixo UNICEF a Teramo en 1989, por mérito da Interamnia World Cup, cando declarou precisamente "Teramo, cidade aberta ao mundo".
Véxase tamén
Ligazóns externas