En fotometría, a intensidade luminosa defínese como a cantidade de fluxo luminoso que emite unha fonte por unidade de ángulo sólido. A súa unidade de medida no Sistema Internacional de Unidades é a candela (cd). Matematicamente, a súa expresión é a seguinte:

onde:
é a intensidade luminosa, medida en candelas.
é o fluxo luminoso, en lumens.
é o elemento diferencial de ángulo sólido, en estereorradiáns.
A intensidade luminosa pódese definir a partir da magnitude radiométrica da intensidade radiante sen máis que ponderando cada lonxitude de onda pola curva de sensibilidade do ollo. Así, se
é a intensidade luminosa,
representa a intensidade radiante espectral e
simboliza a curva de sensibilidade do ollo, entón:

Intensidade luminosa e diferentes tipos de fontes
En fotometría, denomínase fonte puntual aquela que emite a mesma intensidade luminosa en todas as direccións consideradas. Un exemplo práctico sería unha lámpada. Polo contrario, denomínase fonte ou superficie reflectora de Lambert aquela na que a intensidade varía co coseno do ángulo entre a dirección considerada e a normal á superficie (ou eixe de simetría da fonte).
Unidades
Unha candela defínese como a intensidade luminosa dunha fonte de luz monocromática de 540 THz que ten unha intensidade radiante de 1/683 vatios por estereorradián, ou aproximadamente 1.464 mW/sr. A frecuencia de 540 THz corresponde a unha lonxitude de onda de 555 nm, que se corresponde coa luz verde pálida preto do límite de visión do ollo. Xa que hai aproximadamente 12.6 estereorradiáns nunha esfera, o fluxo radiante total sería de aproximadamente 18.40 mW, se a fonte emitise de forma uniforme en todas as súas direccións. Unha candea corrente produce con pouca precisión unha candela de intensidade luminosa.