Intasat foi o primeiro satélite artificial español. Foi lanzado o 15 de novembro de 1974 mediante un foguete Delta 2310 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
CaracterÃsticas
Intasat orientábase magneticamente e estabilizábase mediante xiro; a súa misión principal foi realizar estudos da ionosfera. Foi lanzado xunto con varios outros satélites. Tiña forma de prisma de 12 caras, cunha distancia de 44,2 cm entre vértices opostos e 41 cm de alto. As antenas despregadas radialmente a partir do corpo do satélite medÃan uns 175 cm contando desde o centro. Contaba ademais con catro antenas de 49 cm de longo para telemetrÃa que se despregaban diagonalmente desde un dos extremos do satélite. O sistema eléctrico funcionaba a 16 voltios e era alimentado por células solares e un conxunto de doce baterÃas de nÃquel-cadmio.[1][2][5][6]
Intasat foi inxectado nunha órbita heliosincrónica. Uns 40 postos de observación terrestre seguiron o satélite para facer estudos ionosféricos. O satélite foi apagado automaticamente tras dous anos de funcionamento por un temporizador programado.[2][5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INTASAT" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de marzo de 2013). "INTASAT" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 29 de abril de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 7 December 1995 from the Permanent Representative of Spain to the United Nations Office at Vienna addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-60363). 14 de decembro de 1995: 1. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Intasat 1" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Intasat" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Intasat" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013.