O seu presidente foi propio Casás, e o secretario era Fernando Martínez Morás. A principal realización do organismo foi a organización dun Congreso de Estudios Gallegos que se celebrou na Coruña en agosto de 1919. Outra realización do Instituto foi a creación da Biblioteca Concepción Arenal[2] en 1924[3].
En xuño de 1931 o Instituto elaborou as Bases para un anteproyecto de Estatuto Político de Galicia, que consistía nunha folla asinada por Manuel Casás e Fernando Martínez Morás con 18 artigos e unha disposición transitoria, que se inserían nunha traxectoria rexionalista[4] sen considerar tan só a oficialidade plena da lingua galega.
Notas
↑Xosé A. Fraga "A Ciencia no Congreso de Estudios Gallegos de 1919 e posteriores itinerarios institucionais". La Opinión, 24 de abril de 2016
↑Antón M. Pazos (2012) Xuntos por Galicia: A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia, Santiago de Compostela:Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento-CSIC, p. 20