Inocencio Taboada Montoto

Modelo:BiografíaInocencio Taboada Montoto
Biografía
Nacementoc. 1886 Editar o valor en Wikidata
Quiroga, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Cabral, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, execución por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7856
"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos de
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.

O pobo non esquece.
 15 de setembro de 2007."[1]

Inocencio Taboada Montoto, nado en Quiroga cara a 1886 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

Remitente de pescado en Vigo. Amigo persoal de Santiago Casares Quiroga, foi membro da ORGA e elixido vocal do Comité Executivo do Partido Republicano Gallego en 1933.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Adolfo Morgade Pazos, Luís Bilbatúa Zubeldia, Abraham Muñoz Arconada e Marcial Araújo Conde[3].

Notas