Inflación cósmica

Liña temporal da historia do Universo.
Liña temporal da historia do Universo, onde se fai notar o paso do tempo de esquerda a dereita, e a dimensión do universo como a distancia arriba-abaixo. A inflación cósmica ven representada polo tramo de liña fortemente inclinada.

A inflación cósmica é un momento teorizado do Universo no que se tería expandido dende un tamaño semellante a un átomo de hidróxeno a un volume dun ano luz de radio nun tempo equivalente ó que a luz tarda en recorre unha trillonésima parte desa distancia.

Na investigación do modelo de inflación cósmica que se debe adoptar (se se considera algún verdadeiro, o que en 2022 non está aínda claro) téñense usado diversos experimentos, principalmente BICEP, BICEP2, Keck Array (varios BICEP2 nun só aparello) e BICEP3 (que será seguido do BICEP Array), localizados no polo sur e procurando medir a polarización circular e linear do fondo cósmico de microondas, así como polo CMB-S4.[1]

Notas

  1. Collins, Nathan. "BICEP3 tightens the bounds on cosmic inflation". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2022-03-09.