Independientes por Ferrol

Independientes por Ferrol
Tipopartido político local
Data de fundación1995
Fundador(es)Juan Fernández García
SedeFerrol
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Independientes por Ferrol (IF) é un partido político de Ferrol, fundado en 1995 por Juan Fernández García, que viña de ser conselleiro de Industria.

Historia

Nas eleccións municipais de 1995 obtivo 5 concelleiros e apoiaron a elección como alcalde de Juan Blanco. Nas eleccións de 1999 acadaron 3 concellarías, e acadaron o seu teito electoral en 2003 con seis concelleiros (22,52% dos votos).

Foi entón cando, tras unha primeira experiencia infrutuosa (lexislatura 1995-1999), converteuse en chave para poder gobernar, aliándose co PPdG, a forza máis votada. O popular Juan Juncal foi elixido alcalde e Fernández ocupou o cargo de primeiro tenente de alcaldía e concelleiro de Promoción Industrial e Turismo.

Nos comicios de 2007 obtivo tres escanos (12,75%). Ademais de Juan Fernández García saíron escollidos como edís Francisco Pita-Romero e Leopoldo Ibáñez.

Véxase tamén

Outros artigos