Incendios forestais do sur de California en Xaneiro de 2025
|
Zonas afectadas polo lume (a partir do 9 de xaneiro ás 7:00 GMT)
|
Data(s)
|
7 de xaneiro do 2025 – presente
|
Localización
|
Condado dos Ánxeles e Condado de Ventura, California, Estados Unidos.
|
Perímetro
|
0% perimetrado
|
Superficie queimada
|
118,1 km2
|
Mortes
|
5
|
Feridos
|
Varios
|
Evacuados
|
179.700
|
Estruturas destruídas
|
>2.000
|
Causa
|
Baixo investigación, agravado polos fortes ventos de Santa Ana, tormentas de vento e condicións de seca
|
O 7 de xaneiro do 2025, unha serie de incendios forestais afectaron a área metropolitana dos Ánxeles e as rexións circundantes. Os incendios, que inclúen o Palisades Fire, Eaton Fire, Hurst Fire e Sunset Fire, víronse exacerbados por unha humidade moi baixa e os ventos de Santa Ana, con forza de furacán, que nalgúns lugares superaron os 130 km/h. A partir do 8 de xaneiro, os incendios forestais provocaron cinco vítimas mortais, destruíron ou danaron máis de 2.000 estruturas e obrigaron a evacuar a máis de 137.000 persoas.