Os iminoácidos están relacionados cos aminoácidos, os cales conteñen un grupo amino (-NH2) e un grupo carboxilo (-COOH). Os iminoácidos e os aminoácidos difiren nos enlaces que ten o nitróxeno.
Os encimasaminoácido oxidases poden converter os aminoácidos en iminoácidos. Ademais, o precursor biosintético directo do aminoácido prolina é o iminoácido (S)-Δ1-pirrolina-5-carboxilato (P5C).
Terminoloxía relacionada
Os aminoácidos que conteñen un grupo amina secundaria (o único aminoácido proteinoxénico deste tipo é a prolina) son ás veces denominados iminoácidos,[2][3] pero este uso é disputado por outros, xa que a prolina carece do grupo >C=NH que a IUPAC considera característico dos iminoácidos[1].
O termo iminoácido é tamén un termo obsoleto no significado de ácidos imídicos, os cales conteñen o grupo -C(=NH)-OH, e non debería usarse con este significado segundo a IUPAC.[1]
Notas
↑ 1,01,11,2IUPAC, Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book") (1997). Online corrected version: (2006–) "Imino acids".
↑Proline at the US National Library of Medicine Medical Subject Headings (MeSH) Proline