O FC Ilves ou simplemente Ilves é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome. Foi fundado o 10 de abril de 1931 e na tempada 2022 compite na Kansallinen liiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tammelan stadion, un estadio con capacidade para 5 050 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarela e pantalón verde, mentres que a reserva é integramente verde.
Ilves é o segundo equipo por detrás do HJK de Helsnqui que máis tempadas disputaron a máxima categoría do fútbol feminino finlandés ata 2019 cun total de 31, con todo, o equipo non conseguiu nunca gañar o campionato. Ao longo da súa historia conseguiu un total de cinco medallas, dúas delas de prata (1992 e 2015) e tres de bronce (1991, 1993 e 1996), e foi outras cinco veces subcampión da Copa de Finlandia (1991, 1997, 2010, 2011, 2014).
Historia
Se ben o equipo de fútbol masculino do Ilves fundouse o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo,[5] o equipo feminino non debutou ata 1975, logo da fusión do Ilves-Kissat (que finalizara a liga na quinta posición a tempada anterior) e o Tampereen Palloilijat. Na súa primeira tempada na máxima categoría o equipo de Tampere finalizou na sexta posición dun total de oito equipos, conseguindo a permanencia logo de sumar 12 puntos (tres máis que o KPV, un dos dous equipos que descenderon) cun rexistro de 5 vitorias, 2 empates e 7 derrotas, con 9 goles a favor e 19 en contra.[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas