Illán, Begonte

Illán
Igrexa de Santiago de Illán.
ConcelloBegonte[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666
Poboación110 hab. (2019)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres), 19 menos ca en 2004 (67 mulleres e 66 homes) e 14 menos ca en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Toponimia

O topónimo Illán procede dunha antiga advocación da igrexa parroquial a Xián de Antince, (Ecclesia) Sancti Iuliani.[2]

Xeografía

A parroquia de Illán está situado á beira oeste do río Ladra, nunha zona con relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais pertencente ó espazo natural das zonas húmidas da Terra Chá (Parga-Ladra-Támoga), cunha superficie de 5.000 hectáreas. Neste espazo hai especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos, así como aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) nas lagoas de Riocaldo e no curso do río Ladra.

Patrimonio

Na contorna destas zonas húmidas atópanse vestixios da cultura megalítica, como os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior.

A igrexa parroquial,[3] renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de mediados do século XX realizado polos artesáns carpinteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX. Consérvase unha mina de principios do século XX.

Economía

A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar os labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño.

Algunhas das novas industrias na zona provocan riscos medioambientais, como unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo e unha fábrica de biodiésel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía A-6.

Festas

As festas parroquiais celébranse o 25 de xullo, festividade de Santiago o Maior coincidindo co Día Nacional de Galicia. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou magosto.

Lugares e parroquias

Lugares de Illán

Lugares da parroquia de Illán no concello de Begonte (Lugo)

A Aldea | Barreiro | O Canavello | Currillo | Fontela | Illán de Abaixo | Illán de Arriba | Lamas | Riocaldo | A Torre

Parroquias de Begonte

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Begonte

Baamonde (Santiago) | Baldomar (San Xoán) | Begonte (San Pedro) | Bóveda (Santalla) | Carral (San Martiño) | O Castro (Santa María) | Damil (San Salvador) | Donalbai (San Cristovo) | Felmil (Santiago) | Gaibor (San Xiao) | Illán (Santiago) | Saavedra (Santa María) | San Fiz de Cerdeiras (San Fiz) | San Martiño de Pacios (San Martiño) | San Vicente de Pena (San Vicente) | Santalla de Pena (Santalla) | Trobo (Santa María) | Uriz (Santo Estevo) | Virís (Santa Helena)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos