A Illa de São Jorge é unha illa do Grupo Central do arquipélago dos Azores, Portugal, separada da Illa do Pico por un estreito de 15 km - a Canle de São Jorge. A illa ten 53 km de longo e 8 km de ancho, sendo a súa superficie total de 237´59 km² cunha poboación de 10.500 habitantes (2001). Politicamente está dividida en dous concellos o de Velas e o de Calheta.
Xeografía
A illa está atravesada por unha cordilleira montañosa que alcanza unha altura máxima de 1.053 metros, no Pico da Esperanza. A costa en xeral é rochosa.
Historia
Na cartografía xenovesa e catalá do século XIV, a illa é coñecida como illa de São Jorge. Esta designación foi mantida polo Infante D. Henrique. O seu poboamento comezou cara a 1460. Estudos recentes apuntan a que o primeiro núcleo de poboación atopábase na enseada das Velas, cuxa poboación foise estendendo a Rosais, Beira, Queimada, Urzelina, Mandas, Toledo, Santo António e Norte Grande. Outro núcleo de poboación atopábase en Calheta con irradiación desde alí a Biscoitos, Norte Pequeno e Ribeira Seca.
A illa xa estaba habitada cando João Vaz Corte-Real, capitán-donatario de Angra (en Illa Terceira), obtivo a Capitanía da Illa de San Jorge por carta do 4 de maio de 1483 (arquivo de Azores, vol. 3, páx. 13). En 1500 a poboación de Velas é elevada ao rango de vila e sede do consello. Fracasado o poboamento da illa das Flores, o nobre flamengo Willehm Van der Hagen (coñecido en Portugal como Guilherme da Silveira), fundou un asentamento no sitio de Topo. En 1510 Topo é elevado ao rango de vila e sede do consello e Calheta tamén foi elevada a vila e sede de consello o 3 de xuño de 1534.
-
Sao Jorge, Faja de Sao Joao
-
Sao Jorge, Costa Norte
-
Sao Jorge, Faja da Caldeira de Santo Christo
-
Sao Jorge, Vistas á illa de Pico
-
Ponta dos Rosais, illa de São Jorge.
-
Costa Sur da illa de São Jorge.
-
-
Illa de São Jorge, costa sur.
-
Cantiis na costa norte da illa de São Jorge.
-
Cantiis na costa norte da illa de São Jorge.
-
Interior da Baía da Calheta, Vila da Calheta.
-
Porto de Velas, Velas.
-
Velas, posta de sol.
-
Morro Norte, Velas, posta de sol.
-
Morro de Velas, Costa Sur da illa de São Jorge.
-
Posta de sol próximo das Velas, illa de São Jorge coa
illa do Pico ao fondo.
-
Illa do Pico vista da
Fajã Grande,
Calheta.
-
Vista desde o satélite
Véxase tamén
Ligazóns externas