A illa Thurston está cuberta polo xeo, de 215 quilómetros de longo por 90 quilómetros de ancho e 15.700 km² de área, estando ao NO da Terra de Ellsworth, na Antártida.
Características
É a terceira illa máis grande da Antártida, logo da Illa Alexandre I e a illa Berkner. A illa está separada do continente polo estreito de Peacock, que está ocupado pola parte occidental da barreira de xeo Abbot.[1]
A illa foi descuberta do aire polo Contraalmirante Richard Evelyn Byrd o 27 de febreiro de 1940, quen a chamou en honra a W. Harri Thurston, fabricante téxtil de Nova York, deseñador dos protectores do vento chamados pano Byrd e patrocinador de expedicións Antárticas.
Ao principio foi cartografiada como un península, o trazo non foi recoñecido como unha illa ata 1960.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas