Ó contrario da illa Nublar, onde os dinosauros estaban en gaiolas con arames electrificados para ser exhibidos ó público, na illa Sorna estes campaban ceibos.
Descrición
Segundo o filme, a illa Sorna estaría aproximadamente a 207 millas de Costa Rica, no océano Pacífico. Está a 87 millas da illa Nublar.
Cando John Hammond artellou o parque, deseñou o lugar para que funcionara como granxa de produción. Consta de varios tipos de instalacións que serviron ós traballadores, científicos e programadores. No recinto principal atópase a administración e os aloxamentos dos científicos e enxeñeiros. Ademais, está a Administración de Embrións, o lugar onde se desenvolvían as crías, e onde tamén se levou a cabo o Proxecto Spinosaurus, que non estaba na lista oficial de InGen.
No campamento de traballadores están os postos dos empregados e contratistas de InGen, e é onde vivían a maioría deles. É un recinto pechado e electrificado. Dentro está o Centro de Enerxía Xeotérmica, as radios principais, e o control total da illa Sorna.