Roca Partida, é a illa mais inhóspita do Arquipélago de Revillagigedo, México. É realmente un illote cunha altitude máxima de 35 msnm que se localiza aos 190º00' de latitude norte e 112º05' de lonxitude oeste. Presenta unha lonxitude máxima de 245.56 m e un ancho de 73.37 m, cunha superficie de 1´4 ha. A roca foi descuberta en 1542 por Ruy López de Villalobos.
Roca Partida é a cima dun estratovolcan submarino que deu lugar a traquiandesitas. Nos diagramas de variacións de estruturas, aparecen mais preto dos traquibasaltos e intermedias entre as rocas acidas de San Benedito e Socorro, en contraste coas estruturas basicas de Clarion. En xeral, as rocas da Illa Roca Partida ten o dominio de anfíboles e piróxenos sódicos onde dominan o sodio sobre o potasio, así como a escaseza de plagioclasa.
Roca Partida non mostra ningún substrato para o crecemento de vexetación terrestre, ademais de que non hai anfibios ou peixes de auga doce e non hai réptiles en Roca Partida.