Illa Motu One

Modelo:Xeografía físicaIlla Motu One
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Marquesas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas de Sotavento, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 7°51′39″S 140°22′39″O / -7.86094, -140.37758
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións0,1 (ancho) × 0,3 (lonxitude) km
Superficie0,03 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1813 Editar o valor en Wikidata

Motu One, (marquesano "illa de area"), chamada tamén en francés île de Sable, é unha illa das illas Marquesas, na Polinesia Francesa. Motu One administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Nuku Hiva, na subdivisión administrativa das Marquesas.

Xeografía

Está situada ao norte do arquipélago, a 15 km ao nordés de Hatutu. É un pequeno banco de area sen vexetación situado no bordo occidental do arrecife de coral. A illa de feito consta de bancos de area sobre un arrecife coralino. Poderíase tratar dos restos dun atol mergullado. É o único arrecife das illas Marquesas, que se caracterizan por ser altas illas volcánicas sen arrecifes protectores. Motu One ten aproximadamente 5 km de diámetro. O illote ou illotes teñen sobre 3 hectáreas de superficie, elévanse só uns poucos metros por encima do nivel do mar e cambian regularmente debido á acción da correntes.[1]

Fotografía de satélite de Eiao, Hatutu e Motu One (a dereita). O atol de Motu One está ben visible.

Historia

Segundo as tradicións os marquesanos visitaban Motu One para recoller ovos, pero non hai evidencias arqueolóxicas de que estivese habitado. O primeiro explorador en visitala foi o estadounidense David Porter, en 1813, que o chamou Lincoln Island. En 1992 declarouse como reserva natural. Tartarugas mariñas e unha ampla variedade de aves aniñan na illa. Exploradores posteriores tamén a chamaron Sand Island.

Notas

  1. "Status of Coral Reefs in French Polynesia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2013. Consultado o 17 de xuño de 2014. 

Ligazóns externas