Illa Melville, Australia

Modelo:Xeografía físicaIlla Melville, Australia
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoRobert Dundas, 2nd Viscount Melville (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Tiwi Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Tiwi Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTerritorio do Norte, Australia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°30′S 130°56′L / -11.5, 130.93
Bañado porMar de Arafura Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude43 m Editar o valor en Wikidata
Superficie5.765 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Melville atópase no leste do Mar de Timor, na costa do Territorio do Norte en Australia. É ao oeste da península de Cobourg na Terra de Arnhem e ao norte de Darwin.

A maior comunidade da illa é Milikapiti, cunha poboación de 559 habitantes. A segunda aldea é Pirlangimpi (Pularumpi, antigo Garden Point), cunha poboación de 440, a 27 km ao oeste de Milipakpiti, na costa oeste da illa de Melville. Ao redor de 30 persoas máis viven en cinco asentamentos aborixes.

Con 5.786 km² é a segunda illa máis grande de Australia, logo de Tasmania (e con exclusión da masa continental). Tamén é coñecida no idioma Tiwi como Yermalner. Só a 55 m. ao sur do seu extremo meridional está a illa Irrititu, cunha superficie de 1´7 km².

Xuntas, a Illa Melville e a illa Bathurst son coñecidas como as Illas Tiwi.

Dise que o primeiro europeo en avistar a illa foi Abel Tasman en 1644, aínda que isto é discutible. O máis probable é que a illa Melville fora descuberta polos portugueses, xa que os aborixes atopados polo explorador Phillip Parker King (fillo do gobernador de Nova Gales do Sur Philip Gidley King) en 1818, sabían algunhas palabras en portugués.

Foi chamada así en honra a Robert Dundas, 2º Vizconde de Melville, Primeiro Lord do Almirantado entre 1812-27, tamén leva o seu nome a máis grande Illa Melville no Canadá, no Ártico. Pouco despois, os británicos fixeron o primeiro intento de establecerse na costa norte de Australia, en Fort Dundas, que fracasou ao pouco tempo.

O clima é tropical.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas