A illa Kent do Norte (inglés: North Kent Island[1]) é unha das illas deshabitadas do arquipélago ártico canadense situada na rexión de Qikiqtaaluk no territorio de Nunavut, ao norte do Canadá. Atópase no estreito de Cardigan, entre a península Devon da illa Colin Archer e a península Simmons da illa de Ellesmere.
Xeografía
Con 577 km² e a illa 64ª do paíspor superficie e a 45ª de Nunavut a illa é maiormente plana e cuberta de xeo, con abruptos cantils.
Fauna
A illa Kent do Norte é unha Área protexida de Aves no Canadá (# NU052), e un sitio do Programa Biolóxico Internacional. Ademais existen outros animais como Morsas, focas barbadas, focas anilladas, entre outros, que frecuentan a zona.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas