Ildefonso Feijoo del Río, finado en Vigo en xullo de 1903, foi un político galego.
Traxectoria
Militou no Partido Republicano Federal. Foi concelleiro en Vigo e na Primeira República Española foi elixido alcalde de Vigo en 1873.[1] En 1882 foi o representante da provincia de Pontevedra na I Asemblea Federal de Madrid. Con Federico Tapia, delegado pola Coruña, e Telesforo Ojea Somoza, representante de Lugo, presentou varios relatorios á Asemblea. Foi presidente do Comité provincial do Partido Republicano Federal.[2] Finou en Vigo en xullo de 1903.[3]
Vida persoal
Casou con Dolores Valdés Sotomayor e foi pai de Ildefonso Feijoo Valdés.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- García Tato, Isidro (1990). Telesforo Ojea y Somoza. Vida e ideología de un republicano federal (1858-1890). O Barco de Valdeorras: Instituto de Estudios Valdeorreses.