Ikonos ou Ikonos 2 (debido á perda do satélite orixinal durante o lanzamento) foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 24 de setembro de 1999 mediante un foguete Athena 2 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]
Características
Ikonos foi o primeiro satélite de observación terrestre privado capaz de sacar imaxes en alta resolución. Usaba o bus LM-900, fabricado por Lockheed Martin, estabilizábase nos tres eixos e o instrumento principal era unha cámara cunha resolución de ata 1 metro. O satélite orixinal foi perdido durante un lanzamento o 27 de abril de 1999 debido a un fallo na separación da cofia do foguete. Ikonos foi retirado en 2015, despois de 15 anos de servizo, o dobre da vida esperada inicialmente.[2][5][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IKONOS 2" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2020). "Ikonos 2" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (00-52637). 29 de marzo de 2000: 6. Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Ikonos 2" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ikonos" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2020). "Ikonos" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos