A Igrexa do Gesù (en italiano, Chiesa del Sacro Nome di Gesù, ou Igrexa do Santo Nome de Xesús) situada na praza del Gesù en Roma, é a igrexa nai da Compañía de Xesús, coñecida coma os xesuítas, unha orde da Igrexa Católica. A súa fachada está recoñecida coma «a primeira verdadeiramente barroca»[1] e foi o modelo de innumerables igrexas xesuítas en todo o mundo, especialmente no continente americano.
↑Nathan T. Whitman, «Roman Tradition and the Aedicular Façade» The Journal of the Society of Architectural Historians29.2 (Maio de 1970), (pp. 108-123) p 108.