A igrexa de San Salvador de Escuadro é a igrexa parroquial de Escuadro, no concello pontevedrés de Silleda.
Descrición
Conserva a portada da fábrica románica, do século XII, formada por dous pares de columnas que sosteñen as arquivoltas. Destacan ademais os seus capiteis, así como a torre do campanario. Accédese ao adro desde unha estrada local, situada a menor altura, mediante dúas escaleiras.
Foi ampliada no século XVIII para acoller aos fieis e devotos de Santa Isabel, romaría que se celebra o día 2 de xullo e o domingo seguinte.