A Igrexa de San Miguel de Bouzas é un templo cristián ergueito na segunda metade do século XVI e reedificado no século XVII que se atopa na vila de Bouzas (hoxe pertencente ao concello de Vigo) á beira da praia (antigamente nunha pequena península que entraba no mar, hoxe perdido co recheo). A poucos metros atopamos a famosa pérgola de Jenaro de la Fuente Álvarez.
Descrición
Trátase dun edificio feito en cantaría de perpiaños graníticos galegos cunha planta rectangular e cunha ábsida semicircular e cuberta a dúas augas. A torre-campanario sitúase a un lado da fachada. No exterior aparece o escudo de armas da familia Peña e da familia Correa, e precisamente foi o capitán Álvaro Correa, o que a mandou construír a igrexa en 1596. Tamén aparece nun dos laterais unha fornela coa imaxe do San Miguel. A porta de entrada arránxase cun arco de volta perfecta e un frontón triangular rematado con tres pináculos. Por riba da porta o muro posúe un van
en forma de óculo que permite a entrada de luz no interior do templo. O interior é simple, e salientan as imaxes do Cristo dos Aflixidos ou do Paso da pesca milagreira.
Historia
Disque xa existía unha capela no lugar no ano 1371, cando Henrique II de Trastámara, concedeu o privilexio sobre Bouzas, á mitra de Tui. Existen tamén documentos dos anos 1400 do cabido de Tui que se trasladou a Bouzas por mor da peste. Xa no século XVI a poboación de Bouzas medrara moito, porén para asistir aos actos relixiosos tiñan que se trasladar á parroquia de San Martiño de Coia. É cando no ano 1542, estes suxestiónanlle ao prelado Diego Muñoz de contruír unha igrexa con cemiterio baixo a advocación de San Miguel.
En 1589 os corsarios ingleses, capitaneados por Francis Drake arrasan Lisboa, Vigo e Bouzas, destruíndo totalmente a igrexa. En 1596, o capitán Álvaro Correa ordena a súa reconstrución na zona do Cruceiro Vello, unha pequena península á beira da praia. Desta igrexa aínda hoxe podemos ollar a ábsida, a sancristía, a primeira arcada e a entrada lateral. No século XVII a igrexa foi bombardeada dende o mar en varias ocasións por navíos estranxeiros. Reedifícase en 1697 por Manuel Troncoso de Ojea e a súa irmá Isabel; no interior aínda se pode ollar un medallón que referencia este feito A igrexa tamén gardou parte dos tesouros da Batalla de Rande. Neste percorrer dos séculos foi agrandándose e modificándose, mais a estrutura principal segue sendo a orixinal do século XVI.
Galería de imaxes
-
Fachada e porta.
-
Dende a praia.
-
Placa aos mortos no mar.
-
Imaxe de
San Miguel nunha fornela do muro.
-
Lateral da igrexa.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Inmobles | Edificios civís | |
---|
Edificios relixiosos | |
---|
Hospitais | |
---|
Arqueoloxía | |
---|
Fortificacións | |
---|
Monumentos e esculturas | |
---|
|
---|
Arte e cultura | |
---|
Deporte e instalacións | |
---|
Natureza | |
---|
Transportes | |
---|
Barrios urbanos e rúas urbanas | |
---|
Eventos | |
---|
|