San Martiño de Lalín é unha igrexa románica no século XII de Lalín, situada fóra do núcleo urbano, no lugar de Lalín de Arriba.
Historia
É de planta de nave e ábsida rectangular. Orixinalmente servía un mosteiro fundado cara ao ano 980 polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez (segundo o testamento da súa sobriña Adosinda datado en 1019).
A comezos do século XX construíuse unha nova igrexa parroquial no centro da vila de Lalín e esta igrexa, un pouco afastada da poboación, estivo a piques de derrubarse pero a oposición dos veciños impediuno.
Galería de imaxes
-
Fachada da igrexa.
-
Portada da igrexa.
-
Detalle da portada.
-
Ventá posterior.