A igrexa de Cristo é un templo parroquial da diocese de Chipre e o Golfo,[1] unha das catro dioceses da Igrexa episcopal en Xerusalén e Oriente Medio, localizado na cidade de Adén, no Iemen.
Historia
O templo foi cobstruído en 1863 como capela para as forzas armadas británicas de Adén, e permaneceu activo até 1970, cando foi expropiado polo goberno do Iemen do Sur, e foi empregado como almacén e como ximnasio.[2] En 1993 foi devolto á diocese logo das negociacións entre o bispo John Brown e as autoridades iemenís, cun acordo que levaba asociada a construción dunha clínica. Logo da restauración, o templo foi rededicado en 1997.[2]
Clínica Ras Morbat
A igrexa ten asociada unha clínica, a Clínica Ras Morbat, que proporciona atención sanitaria á poboación local máis empobrecida.[3] Ten especial presenza no ámbito oftalmolóxico, e o Departamento de Oftalmoloxía dela é colaborador asociado do ACNUR.[3] Tamén realiza unha labor formativa para a poboación local, funcionando como lugar de prácticas para a Facultade de Medicina da Universidade de Adén.[3]
Notas