Igeldo é un barrio da cidade de Donostia, en Guipúscoa, situado no oeste do concello, no macizo montañoso do mesmo nome. Tiña unha poboación de 1.105 habitantes en 2013.
Está formado por un pequeno casco urbano de carácter rural e unha ampla zona de poboación dispersa repartida en casarías e chalés. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste co concello de Orio, ao sur co concello de Usurbil e ao leste cos barrios donostiarras de Antigua e Ibaeta.