Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Igón.
Igón é un lugar da parroquia da Ribeira no concello lugués de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o IGE[1], en 2013 tiña cinco habitantes (tres homes e dúas mulleres). Compóñeno tres casas: casa da Castañeira, casa de Mourádigo e casa da Casoa.
Toponimia
A orixe do topónimo da aldea de Igón puido ser villa Iconi, nome xermánico dun posible fundador chamado Ico ou Igo. Nun documento que provén do mosteiro de Penamaior, en Becerreá, o nome da aldea aparece escrito como Ygon no 1309 e noutro do mosteiro de Carracedo do Bierzo como Eygon no 1384.
Tendo en conta o anterior, a antigüidade da aldea de Igón poderíase situar entre os séculos V e VII, durante o reinado suevo ou visigodo. O engadido do H en Higón é moi posterior e sen base etimolóxica, sendo probablemente castelanizado confundido por Higo (Figo).[2][3]
Lugares e parroquias
Lugares da Ribeira
Parroquias de Cervantes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas