Idoia Granizo Uribarrena, nada en Altsasu en 1999, é unha escritora e bertsolari navarra. Licenciouse en Estudos Vascos na Universidade do País Vasco e realizou un máster en Maxisterio na Universidade Pública de Navarra.[1]
Literatura
Cursou terceiro grao de ESO en Maule, onde apenas coñecía o éuscaro, polo que comezou a escribir para manter o contacto coa lingua.[2]
Premios e recoñecementos
- 2015: Concurso de narrativa do instituto de Altsasu.[3]
- 2015: Premio de narrativa do concurso Bordari de Hondarribia.[3]
- 2016: Premio literario Resurreccion Maria Azkue, mellor poema xuvenil coa obra Hitzak hots.[2]
- 2017: Terceiro premio na sección de narrativa do premio literario Maria Azkue coa obra Bide zuzenetik oker.[4]
- 2017: Terceiro premio da sección de poesía do premio literario Maria Azkue coa obra Itsasoak sutu daitezke.[4]
- 2024: Segundo premio na sección de narrativa curta dos Premios Novos Autores que organiza o concello de Pamplona, co relato Dena gure esku balego bezala.[5]
Publicacións
- 2019: Gazteak gara na revista literaria Hegats. Autora do artigo.[6]
- 2022: Na revista Fontes Linguae Vasconum, Altsasuko hizkuntza-paisaiaren azterketa euskararen biziberritzearen testuinguruan: merkataritzako esparrua.[6]
Bertsolari
Comezou a relación co bertsolaritza en 5 de primaria. Seguiu no instituto e despois traballou na escola de poesía de Altsasu.[1] Desde 2023 é profesora de bertsolaritza en varias escolas.[1]
Premios
Gañou a maioría deles en concursos de bertsolaritza en papel.
- 2015: Concurso Lazkao Txiki.[1]
Torneos
Campionato de Navarra de bertsolaritza
- 2021: Cuartos de final.[7]
- 2023: Semifinais.[8]
Outros
Participou no disco Gure Aldetara publicado por bertsolaris navarras.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Elkartea, Xenpelar Dokumentazio Zentroa-Bertsozale. "Idoia Granizo - Biografiak - BDB. Bertsolaritzaren datu-basea". bdb.bertsozale.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de maio de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Mazkiaran, Nerea (31 de marzo de 2016). "Pasión por el euskera y las palabras". Diario de Noticias de Navarra. Consultado o 10 de maio de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 "Granizorendako Azkue Saria - Altsasu". Guaixe.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de maio de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 "Granizo, Azkue sariak pareka - Altsasu". Guaixe.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de maio de 2024.
- ↑ "Idoia Granizo: "Bertsolaritza eta literatura elkar elikatzen dira" - Iruñea". euskalerriairratia.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de maio de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 "Idoia Granizo Uribarrena". Dialnet. Consultado o 10 de maio de 2024.
- ↑ "Final laurdenak — Nafarroako Bertsolari Txapelketa 2021". www.bertsozale.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de maio de 2024.
- ↑ "Finalaurrekoak — Nafarroako Bertsolari Txapelketa 2023". www.bertsozale.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de maio de 2024.
Véxase tamén