Un idiófono é un conxunto de instrumentos que producen sons por si mesmos ó seren tocados de moitos xeitos: raspados, pulsados, sacudidos, golpeados...
Hai dúas clases de idiófonos: os que teñen unha altura determinada e os que teñen altura indeterminada. Entre os primeiros encóntrase o glockenspiel, o xilófono, a marimba e o vibráfono. Entre os idiófonos de son indeterminado encóntranse as maracas, as castañolas, o triángulo, os axóuxeres, as claves etc.