A ideoloxía punk, dende o seu inicio tivo ideas apartidarias e a liberdade para crer ou non nun deus ou relixión calquera. Porén, por mor do tempo de existencia, o seu carácter cosmopolita e amplo, ocorreron distorsións de todas as formas, en diversos países, dando ó movemento punk unha cara parecida mais totalmente particularizada en cada país.
Por se asemellar en diversos aspectos co anarquismo (posteriormente, a principio o movemento punk era apolítico), punks e anarquistas pasaron a colaborar entre si e moitas veces participando das accións.
Pasaron entón a existir moitos punks que tamén eran realmente anarquistas, e posteriormente xurdiu o anarcopunk. Este gañou un novo rumbo con redirecionamento a unha nova militancia política, con discursos e accións máis activas, opóndose ós medios tradicionais, ó Estado, ás institucións relixiosas e grandes corporacións capitalistas.