Ice Breaker é un videoxogo realizado por Topo Soft para o Amstrad CPC, MSX e ZX Spectrum en 1990.
Nun futuro próximo a Terra regresou de novo á era dos glaciares provocado por unha xigantesca máquina, a única posibilidade de sobrevivir é atravesar o planeta ata chegar á única zona segura que queda, para iso contamos cun bobsleigh dotado con armamento que terá que loitar contra a pista e contra os inimigos que tratan de impedir que chegues a destino. A perspectiva do xogo é aérea que fai máis realista o xogo.