Tantalus falcinellus Linnaeus, 1766
O ibis mouro[2] (Plegadis falcinellus) é unha especie de ave pelecaniforme da familia Threskiornithidae.
É un ibis de cor parda avermellada escura, que é común en zonas húmidas costeiras. Malia a súa ampla distribución non se coñecen subespecies.
É propia do sur de Eurasia, África, Australasia, o Caribe e a costa atlántica norteamericana.[3][4]