Iberia Sport Club

Iberia SC
NomeIberia Sport Club
Alcume(s)Avispas
Fundación1917
Desaparición1932
EstadioEstadio de Torrero,
Zaragoza, España España
Inauguración1923
Capacidade15 000
Na casa

O Iberia Sport Club foi un equipo de fútbol español da cidade de Zaragoza, en Aragón. O club foi fundado o 24 de marzo de 1917 e xogaba os seus partidos no Estadio de Torrero. En 1932 fusionouse co Zaragoza Club Deportivo, dando orixe ao Zaragoza Foot-ball Club, primeiro nome do actual Real Zaragoza.

Historia

O Iberia Sport Club foi fundado en 1917 como un equipo popular, onde algúns dos seus xogadores eran obreiros da fábrica ferroviaria Carde y Escoriaza, de gran tradición na cidade. Vestía camisa gualdinegra e pantalón negro, así eran coñecidos popularmente como os avispas. O 7 de outubro de 1923 inaugúrase o Campo de Torrero, de gran capacidade, construído no tradicional barrio de Torrero, nuns terreos próximos á Canle Imperial de Aragón.

En 1917 o Iberia alcanza o título de Campión Rexional de Aragón, ao cal lle seguirían dez títulos máis durante o seguintes catorce anos.

Competiu durante tres tempadas na Segunda División de España, durante as tempadas 1928/29, 1929/30 e 1930/31. Durante a primeira tempada na categoría de prata (tempada 1928/29) estivo a piques de ascender, quedando empatado a puntos co campión o Sevilla Club de Fútbol que xogaría a promoción. Á seguinte tempada quedaría a un punto do ascenso directo, por detrás do Sporting de Gijón empatado a puntos, e a un do primeiro da categoría: o Deportivo Alavés, que ascendería a Primeira División. Pecharía a súa aventura en busca da elite ocupando o último posto, pasando a competir na Terceira División de España durante a tempada 1931/32, quedando quinto do Grupo III-A.

En marzo de 1932 fusionouse co segundo equipo da cidade, o Zaragoza Club Deportivo para formar o Zaragoza Foot-ball Club, actual Real Zaragoza.

Datos do club

Palmarés

Véxase tamén

Outros artigos