Iain Eairdsidh MacAsgaill, tamén coñecido como Bàrd Bheàrnaraigh, e en inglés Iain Archie MacAskill, nado en Beàrnaraigh na Hearadh o 19 de febreiro de 1898 e finado o 4 de xuño de 1934, foi un granxeiro, gaiteiro, policía e poeta escocés.
Traxectoria
Ao deixar o colexio en 1912 traballou como pegureiro e cando estoupou a primeira guerra mundial alistouse no 5º batallón dos Cameron Highlanders. Foi un dos gaiteiros que encabezaron a marcha das tropas na batalla de Loos en setembro de 1915.[1] Ao final da guerra servía no 3º batallón.[1] Tras a guerra foi policía en Glasgow entre 1919 e 1923 e membro da súa banda de gaitas, coa que gañou a competición mundial de bandas en 1920. Volveu á súa localidade natal en 1923 e traballou nunha granxa[1] En 1925 emigrou a Australia a bordo do SS Themistocles.[1]
Por mor da política migratoria australiana logrou terras e estableceu unha granxa de nome 'Borvedale', en Lake Varley en Australia Occidental, pero a partir de 1928 a súa situación fíxose crítica, pola conxuntura económica e os baixos prezos e acabou perdendo as súas terras, volveu traballar para outras granxas ata que morreu por problemas de saúde en 1934. Durante a súa estada en Australia escribiu a maior parte das súas poesías que recolleu Alick Morrison en forma de libro en 1961.
Obra
- 1961. An ribheid chiuil: being the poems of Iain Archie MacAskill 1898-1933, Bard of Berneray Harris. Ed. Alick Morrison (Stirling: printed for the editor by Learmonth)
Notas