Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, nado en Ourense en 1969, é un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu na súa cidade natal. Militante do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, integrado na época no BNG, foi concelleiro en Ourense de 2003 a 2005 e deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2009. Tras a morte de Xosé Henrique Rodríguez Peña en 2006 o PNG-PG elixiuno o seu secretario xeral, posto que mantivo ata 2011. Deixou o BNG canda o seu partido en 2012 pero en 2017 volveu de novo á fronte.[1] Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 encabezou a candidatura do BNG na provincia de Ourense, como xa fixera en 2008. Nas autonómicas de 2020 foi o número 2 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas