I Used to Spend So Much Time Alone é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Chastity Belt, publicado o 2 de xuño de 2017 a través do selo Hardly Art. O disco foi producido por Matthew Simms. En xeral recibiu boas críticas, destacando moitas o seu contido máis serio que nos seus anteriores lanzamentos, mentres que outras sentían que o material da banda crecera co álbum.
Dous sinxelos precederon ao lanzamento do álbum: o primeiro foi "Different Now", publicado o 8 de marzo, e o segundo foi "Caught in a Lie", aparecido o 7 de abril. Para promocionar o disco a banda publicou "5am" como sinxelo promocional antes do lanzamento do álbum, e vídeos musicais para as cancións "Different Now", "Used to Spend" e "Stuck". Chastity Belt iniciou unha xira por Norteamérica e Europa para apoiar o traballo. A xira comezou o 1 de xuño de 2017 en Seattle, Washington, e rematou o 18 de outubro na mesma cidade.
Listaxe de cancións
Todos os temas producidos por Matthew Simms.[1] Voces de todas as cancións gravadas por Julia Shapiro, agás "Stuck", gravada por Gretchen Grimm.[2]
I Used to Spend So Much Time Alone - Edición stándar[2] |
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Different Now" |
3:48 |
2. |
"Caught in a Lie" |
3:55 |
3. |
"This Time of Night" |
4:00 |
4. |
"Stuck" |
3:44 |
5. |
"Complain" |
4:44 |
6. |
"It's Obvious" |
3:43 |
7. |
"What the Hell" |
3:35 |
8. |
"Something Else" |
4:54 |
9. |
"Used to Spend" |
4:16 |
10. |
"5am" |
5:40 |
I Used to Spend So Much Time Alone - Cancións extra[2] |
N.º |
Título |
Duración |
11. |
"Don't Worry" |
3:32 |
12. |
"Bender" |
4:38 |
13. |
"I'm Fine" |
3:31 |
54:00 |
Notas