I Against I é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Bad Brains, publicado o 21 de novembro de 1986 a través do selo SST Records. Trátase do álbum máis vendido do grupo e nel Bad Brains diversifica o seu son incorporando ao seu primeiro hardcore punk elementos de música funk, soul, reggae e heavy metal. O disco foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[1]
O título I Against I (eu contra eu) presumiblemente refírese á frase común rastafari I and I (eu e eu), que se usa en lugar da primeira persoa do plural (é dicir, nós) para significar a unión do falante, o público e Jah (Deus) en amor e paz.
Por suxestión do produtor, as voces de "Sacred Love" foron gravadas por teléfono dende a prisión onde H.R. cumpría condena por posesión de marihuana.[2]
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Paul Hudson, Darryl Jenifer, e Gary Miller, agás onde se indique.
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Intro" | Jenifer, Miller |
1:02 |
2. |
"I Against I" | |
2:50 |
3. |
"House of Suffering" | P. Hudson, Miller |
2:29 |
4. |
"Re-Ignition" | |
4:16 |
5. |
"Secret 77" | |
4:04 |
6. |
"Let Me Help" | |
2:17 |
7. |
"She's Calling You" | P. Hudson, Jenifer |
3:42 |
8. |
"Sacred Love" | |
3:40 |
9. |
"Hired Gun" | |
3:45 |
10. |
"Return to Heaven" | |
3:19 |
31:53 |
Persoal
- Bad Brains
- Produción
- Ron Saint Germain - produtor
- Phil Burnett - enxeñeiro de son
- Patch - mestura
- Jesse Henderson; Bill Ryan - enxeñeiros auxiliares
- Eddie Krupski; Dennis Mitchell - mesturas adicionais
- Bob Ludwig - materización
- Marcia Resnick - fotografía, concepto da portada
- Paul Bacon Studio - caligrafía e desenvolvemento
Notas