Iñaki Williams Arthuer, nado en Bilbao, Biscaia o 15 de xuño de 1994, é un futbolista vasco que xoga no Athletic Club da Primeira División de España. Xoga de dianteiro centro e extremo.[1]
Traxectoria
Os seus pais son de Ghana e chegaron a España tras cruzar a pé o deserto e saltar o valado de Melilla.[2] De aí foron a Bilbao, onde naceu Iñaki. Pasou gran parte da súa nenez en Pamplona.[3][4]
Debutou como xogador do Athletic o día 6 de decembro de 2014 ante o Córdoba C. F. Destaca pola súa velocidade e xogo aéreo. Cando a súa presenza no primeiro equipo foi adoita, xogou como extremo esquerdo a falta de Iker Muniain, e debido á importancia de Aritz Aduriz no once dos vascos. O 17 de agosto conquistou a Supercopa de España, fronte ó F.C. Barcelona, rompendo a seca do Athletic de 31 anos sen gañar un título oficial.
Palmarés
- Athletic Club
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas