Héctor Carlos Arzubialde Mugnaini, nado en Córdoba o 22 de agosto de 1964, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de defensa central.
Traxectoria
Na tempada 1987–88 fichou polo Deportivo da Coruña onde xogou unha campaña, debutando o 30 de agosto de 1987 na primeira xornada do campionato contra o FC Barcelona B en Riazor, con vitoria local (1–0). No seu ano na Coruña estivo baixo as ordes de Eusebio Ríos, Luis Rodríguez Vaz e Arsenio Iglesias, participando en 22 partidos.
Véxase tamén
Ligazóns externas