O municipio está situado no oeste do landskap de Västergötland e está incluído na área metropolitana de Gotemburgo (Storgöteborg). Ao sur limita cos concellos de Mölndal e Mark, ao leste co de Bollebygd, ao norte cos de Lerum e Partille, e ao oeste co de Gotemburgo. A través do municipio flúe o río Mölndalsån.
Etimoloxía
Härryda atópase por vez primeira nas fontes cos nomes Herryda e Herrida en 1540. Posteriormente aparece tamén como Härrydt en 1567, Herrödha en 1583, Härrya en 1679 e Härryda en 1881. A primeira parte contén o nome do regato Hära, referíndose á granxa Härryda que estaba rodeada polo Härån (no presente chamado Lillån ou Härsjöbäcken), onde o significado de Här se convierte no nórdico antigo ccidental hárr ou hærr, gris ou canoso. A segunda parte é unha forma flexiva do sueco antigo rydh, claro, lugar aberto. A forma básica do nome foi Hærā-rydha.[3]
Administración histórica
A área do municipio correspóndese coa das parroquias de Björketorp, Härryda, Landvetter e Råda. A partir destas fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural Härryda incluíuse no de Landvetter.
O municipio de Härryda fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir dos municipios rurais de Björketorp, Landvetter e Råda, onde a área de Björketorp pasou ao mesmo tempo do condado de Älvsborg ao condado de Göteborgs och Bohus.[4] Como capital elixiuse a maior área urbana, Mölnlycke, que anteriormente fora capital do municipio rural de Råda. Alí inaugurouse unha nova casa do concello no ano 1983.
O 1 de xaneiro de 1992 transferíuse unha área con 48 persoas dende o concello de Mölndal ao de Härryda.[5]
Dende o seu nacemento ata 2009 o concello pertenceu ao partido xudicial de Mölndal, e dende ese ano ao de Gotemburgo.[6]
↑Ortnamnen i Göteborgs och Bohus län I: Ortnamnen i Sävedals härad jämte gårds- och kulturhistoriska anteckningar, red. Hjalmar Lindroth, Institutet för ortnamns- och dialektforskning vid Göteborgs Högskola, Göteborg 1923 s. 15 + 137