Huzziyas I, rei dos hititas, sucedeu a Ammunas e gobernou durante un período de tempo que se estima breve pero que non se coñece con exactitude.
Traxectoria
As fontes dispoñíbeis acerca de Huzziyas non aclaran a súa relación con Ammunas, pero si o feito de que tivo que asasinar a dous homes, Tittis e Hantilis. Mentres que algúns expertos postulan que Huzziya é un fillo máis novo de Ammunas, que matou a dous dos seus irmáns para acceder ao trono, outros cren que Huzziya é o irmán da esposa de Telibinus, outro dos fillos de Ammunas.
Ao pouco tempo de tomar o poder, Huzziya perdeu o poder a mans dunha rebelión encabezada polo seu cuñado Telibinus, que o desterrou e asumiu o trono.