Humaira Begum

Modelo:BiografíaHumaira Begum

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ps) حميرا بېگم Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Cabul, Afganistán Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 2002 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCabul Editar o valor en Wikidata
Consorte de Afganistán
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa
Princesa herdeira
Raíña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMohamed Zahir de Afganistán (1931–2002) Editar o valor en Wikidata
FillosPrincess Bilqis Begum of Afghanistan, Muhammad Akbar Khan, Crown Prince of Afghanistan, Ahmad Shah Khan, Crown Prince of Afghanistan, Princess Maryam Begum of Afghanistan, Prince Muhammad Nadir Khan of Afghanistan, Prince Shah Mahmud Khan of Afghanistan, Prince Muhammad Daoud Pashtunyar Khan of Afghanistan, Prince Mirwais Khan of Afghanistan Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: بارکزایی-2

Humaira Begum (persa: حميرا بیگم), nada en Kabul o 24 de xullo de 1918 e finada en Roma o 26 de xuño de 2002[1] foi a esposa e curmá do rei Mohammed Zahir Shah e a última raíña de Afganistán.

Traxectoria

Humaira Begum foi filla do Sardar Ahmad Shah Khan e da súa primeira esposa, Zarin Begum.[2]

Casou co seu primo irmán, Mohammed Zahir Shah, o 16 de novembro de 1930 (nikah) e en Qawmi Bagh, Kabul, o 7 de novembro de 1931. Xuntos, reinaron durante 39 anos xunto aos seus sete fillos, ata que, tras a proclamación da República de Afganistán, partiron ao exilio en Roma.[3]

Entre as medidas que adoptou o seu esposo para modernizar o país, destacou o seu traballo para acabar coa purdah, que obrigaba as mulleres a cubrirse completamente en público mediante o uso de burkas ou roupa similar. Para dar exemplo, Humaira Begum non usaba velo. Foi unha feminista convencida.

En 1946, a raíña Humaira fundou a Sociedade de Mulleres, o primeiro instituto para mulleres en Afganistán.[4]

Faleceu en Roma o 26 de xuño de 2002 e foi posteriormente enterrada no mausoleo familiar, onde descansa xunto ao seu esposo.[5]

Matrimonio e fillos

Mohammed Zahir Shah e Humaira Begum tiveron seis fillos e dúas fillas:

  • Princesa Bilqis Begum (nada o 17 de abril de 1932).
  • Príncipe Muhammed Akbar Khan (4 de agosto de 1933 – 26 de novembro de 1942).
  • Príncipe Herdeiro Ahmad Shah (23 de setembro de 1934 – 4 de xuño de 2024).
  • Princesa Maryam Begum (2 de novembro de 1936 – 25 de decembro de 2021).
  • Príncipe Muhammed Nadir Khan (21 de maio de 1941 – 3 de abril de 2022).
  • Príncipe Shah Mahmoud Khan (15 de novembro de 1946 – 7 de decembro de 2002).
  • Príncipe Muhammed Daoud Pashtunyar Khan (nado o 14 de abril de 1949).
  • Príncipe Mir Wais Khan (7 de xaneiro de 1957 – 29 de setembro de 2023).

Distincións honoríficas

Distincións honoríficas afgás

Membro de Primeira Clase da Orde do Sol Supremo (08/11/1933).[5]

Distincións honoríficas estranxeiras

Dama Gran Cruz da Orde da Lexión de Honra (República Francesa, 01/01/1950).[6]
Membro de Primeira Clase da Orde das Pléiades (Imperio de Irán, 26/03/1950).[5]
Dama Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (Alemaña, 07/08/1963).[5][7]
Dama Gran Cinto da Orde da Preciosa Coroa (Imperio do Xapón, 14/04/1969).[5]

Notas

  1. Englisch, Andreas (29 de xuño de 2002). "Homaira, Afghanistans Exil-Königin". Die Welt (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. Homaira Begum Schah wurde am 24. Juli 1916 in Kabul geboren und starb am 26. Juni 2002 in Rom. 
  2. Royal Ark
  3. "Genealogy". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2016. 
  4. Julie Billaud: Kabul Carnival: Gender Politics in Postwar Afghanistan
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Royal Ark
  6. Getty Images
  7. BPB

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Títulos Reais
Precedido por
Mah Parwar Begum


Raíña consorte do Reino de Afganistán
1933–1973
Sucedido  por
Monarquía abolida