Howard Kenneth Weinman, nado en Nova York o 23 de xaneiro de 1901 e finado en Colchester, Vermont, o 1 de marzo de 1976, foi un artista estadounidense.
Traxectoria
Weinman, nado en Nova York en 1901, era fillo de Margaret Lucile Landman (1874-1958) e de Adolph Alexander Weinman (1870-1952),[1][2] escultor e recoñecido deseñador de moedas estadounidenses.[3] O irmán máis novo de Howard, Robert Alexander Weinman (1915-2003), foi tamén un destacado medallista.[4][5]
Foi escultor e medallista, e exerceu como profesor na Grand Central School of Art de Nova York. Tamén traballou na compañía Grumman Aircraft Engine Corporation, de Long Island, entre 1952 e 1972.[2]
Do mesmo xeito que o seu pai, Howard K. Weinman foi tamén deseñador de moedas; a el débeselle a creación do medio dólar conmemorativo do Tricentenario de Long Island,[2] emitido pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1936.[6]
Howard K. Weinman finou o 1 de marzo de 1976, aos 75 anos,[2] en Colchester, Vermont, e foi soterrado no cemiterio desa localidade.[1]
- Medio dólar do Tricentenario de Long Island
-
-
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Howard Kenneth Weinman". Find a Grave.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Smith, P. (2012).
- ↑ Forrer, L. (1916). "Weinman, Adolph Alexander". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 427-428.
- ↑ Smith, P. (2012). "Weinman, Robert A(lexander)". En American Numismatic Biographies. Páxina 440.
- ↑ "Robert Alexander Weinman". Findagrave.com
- ↑ "½ Dollar Long Island". Numista.com
Véxase tamén
Bibliografía