Horacio Rodríguez Nache ou Horacio Sache, nado na Coruña en 1912 e finado na mesma cidade en 1970, foi un violinista galego. Foi violinista da Orquestra Sinfónica Municipal da Coruña e concertista.
Traxectoria
Horacio Nache naceu na Coruña, cidade na que comezou a súa formación musical. Continuou os seus estudos no Conservatorio Nacional de Madrid con José del Hierro.[1]
Posteriormente viaxou a París e Londres antes de regresar á súa cidade natal, onde foi director do Conservatorio de Música e Declamación, do que se converteu no seu director en 1945, cargo que desempeñou ata a súa morte. Tamén formou xunto coa pianista Pilar Cruz e o violonchelista Julio Béjar, o Trío pro música, co que logrou numerosos éxitos tanto en Galicia como no resto de España.[1][2]
En novembro de 1948, foi nomeado membro de número da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.[2]
Faleceu en 1970 na súa cidade natal aos 58 anos.[1]
Notas